martes, 7 de mayo de 2024

BICHOS 🪱🐌🦀🦗🦂🪲🪳🕷️

Ola, familias! Onte coñecimos o ciclo de vida da bolboreta. Coloreamos un debuxo sobre iso, que logo capturamos ca app Quiver de realidade aumentada e vimos como eran os ovos, a eiruga, a crisálida e a bolboreta.




Hoxe visitounos “Mundo Bichos” e poidemos ver e tocar unha morea de bechos. Aprendimos un montón e pasámolo en grande! 😀











viernes, 3 de mayo de 2024

FELIZ DÍA DA NAI

 Ola, familias 😀!

O domingo celébrase o Día da Nai e como detalliño para regalarlle fixemos unha manualidade. Esperamos que vos guste!💛









miércoles, 24 de abril de 2024

FACEMOS UNS EXPERIMENTOS

Ola, familias! Qué tal a semana?

Na clase dos esqueletes vivimos moitas experiencias! Hoxe varias nenas de secundaria dramatizaron unha historia personalizada, cos personaxes que elixiron os peques.



Tamén xogamos por grupos cunhas pezas imantadas.



E o mellor foi facer o experimento das cores. Cunha botella con auga e papeis de cor azul e amarelo conseguimos a cor verde, que tamén descubrimos cas témperas 💚. Para que vexades o ben que o pasamos mirade estos vídeos (baixar o volume que hai moitos berros) 😁





martes, 23 de abril de 2024

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

Ola familias!

Nestos días estivemos a ler moitos contos para celebrar o día do libro e fixemos uns marcapaxinas.


Hoxe, viñeron nenas de 6º de primaria a contar o conto titulado “Daniela Pirata” e tamén descubrimos que había na caixa, que logo pintamos.


Colaboramos tamén vendendo algúns marcapáxinas para axudar a  ONG Save the children.



A mestra, Alicia.

jueves, 18 de abril de 2024

A MALETA VIAXEIRA DE DANIELA

Ola familias!

Daniela levou a maleta viaxeira, cun conto dentro, para ler na casa 📘. O libro titulado: “La bailarina”. Fixo un debuxo da bailarina moi bonito, que ensinou a todos, e coma sempre recibiu un forte aplauso.




miércoles, 17 de abril de 2024

PLANTAMOS MÁIS PLANTAS

Ola, familias!

 Hoxe transplantamos al plantas ós testos e puxemos unhas sementes en rolos de papel, que teremos que regar moi pouco a pouco. Moi pronto levarémolas para casa. 









A mestra, Alicia

viernes, 12 de abril de 2024

LEMBRAMOS AS VOGAIS

Ola, familias!

No trimestre pasado, como sabedes, comenzamos a coñecer as vogais. Estivemos recordando e traballando aquilo que xa sabiamos: diferentes trazos e facer as letras I, U, A, ademais de recoñecer debuxos/palabras que comezan con esas vogais. Que vos parece?









A mestra, Alicia.